Destacados Vigo al minuto

O BNG de Vigo demanda que a Oficina do Consumidor ofreza protección fronte aos abusos das eléctricas

Propoñe que asesore aos consumidores con dificultades para afrontar a acumulación de facturas

Recibo luz

O Bloque Nacionalista Galego vén de demandar que a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) despregue unha actuación específica de información e asesoramento a aquelas familias e fogares de Vigo afectados polos novos abusos das compañías eléctricas.

Acumulación de recibos

Desde o BNG, que realizou esta proposta no último Pleno municipal, denuncian que nos últimos meses un número importante de fogares na nosa cidade non están a recibir a factura correspondente co consumo mensual.

Unha dilación que está a provocar a acumulación de recibos e, por tanto, un desequilibrio económico nas contas das familias con importes elevadísimos que, sobre todo aquelas con menos recursos, teñen dificultades para encarar”, explicou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas. “Trátase dun abuso máis por parte dun sector eléctrico, dunha empresas comercializadoras e subministradoras, que están absolutamente botadas ao monte”, criticou.

Sen resposta do Goberno municipal

Desde o BNG sinalan que esta medida “depende da vontade política”, malia que desde o Goberno municipal aínda non ofreceron ningunha resposta. “Sería un instrumento moi importante para abrigar desde o ámbito local, para dar apoio público a aqueles fogares que están nunha situación de desprotección diante deste tipo de abusos”, salientou Igrexas.

Este novo abuso, con especial incidencia despois do véran, vén a sumarse ao incremento paulatino dos prezos da electricidade nos últimos meses. Nese sentido, o Bloque critica “a acción impotente do Goberno español de PSOE-Unidas Podemos á hora de despregar unha verdadeira intervención que poña en cintura o sector eléctrico e que garanta o acceso universal a este subministro esencial”.

También te puede interesar