Comarcas

Mondariz inaugura en novembro o segundo ciclo de cinema ‘Con ollos de muller’

Contará coa presenza da directora Paula Cons

Ciclo Con Ollos de Muller

O Concello de Mondariz intensifica en novembro a súa programación cultural, cun ciclo de cinema protagonizado por mulleres.

‘Con ollos de muller’

O ciclo «Con ollos de muller», que arrancara o ano pasado, empezará o venres, 5 de novembro, con «Figuras ocultas» (Theodore Melfi, 2016), e rematará o 26 de novembro co filme «Moxie» (Amy Poehler, 2021).

Como colofón, o sábado 27 de novembro proxectarase a película «A illa das mentiras» (Paula Cons, 2020), coa presenza da directora e dunha das actrices protagonistas para un coloquio final co público.

25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

«O 25 de novembro é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, están programadas actividades promoven a conciencia social sobre as desigualdades de xénero e as violencias relacionadas. Por iso, ademais deste ciclo de cinema, organizaremos un escape room para a mocidade que leva por nome Rexeita o maltrato«, explica Anxos Carballo, concelleira de Igualdade.

Programa do ciclo de cinema

Venres, 5 de novembro de 2021 (21:00 horas): «Figuras ocultas» (Theodore Melfi, 2016). Nomeado aos premios BAFTA e Oscar. Conta a historia real das científicas afroamericanas que traballaron na NASA na década de 1960, en plena carreira espacial e a loita social polos dereitos civís das persoas de raza negra en Estados Unidos.

Venres, 12 de novembro de 2021 (21:00 horas): «Una cuestión de género» (Mimi Leder, 2018). Película estadounidense baseado na vida de Ruth Bader Ginsburg, a segunda muller que chegou a ser maxistrada do Tribunal Supremo de Estados Unidos.

Venres, 19 de novembro de 2021 (21:00 horas): «Criadas y señoras (Tate Taylor, 2011). Filme estadounidense que nos leva ao Mississippi da década de 1960, onde unha moza soña con ser escritora e documenta a memoria persoal de mulleres negras que pasaron a vida ao servizo de grandes familias, sufrindo todo tipo de discriminación racial.

– Venres, 26 de novembro de 2021 (21:00 horas): «Moxie» (Amy Poehler, 2021). Cinta norteamericana que conta a historia dunha rapaza que, farta do ambiente sexista e tóxico do centro educativo onde estuda, decide publicar unha revista de xeito anónimo que provoca todo tipo de reaccións no seu entorno.

– Sábado, 27 de novembro de 2021 (21:00 horas): «A illa das mentiras» (Paula Cons, 2020). Filme galego que narra a historia das mulleres que axudaron no rescate do buque ‘Santa Isabel ‘no ano 1921 fronte ás contas da illa de Sálvora. A proxección contará coa presenza da directora, a galega Paula Cons, e unha das actrices protagonistas, Victoria Teijeiro.

Un auditorio municipal polivalente convertido en sala de cinema

As proxeccións terán lugar no auditorio municipal, con capacidade para máis de cen persoas e un equipamento audiovisual que permite visionados de calidade cinematográfica.

A entrada a estes eventos será libre e gratuíta até completar a cabida permitida, sen necesidade de inscrición previa. As portas abriranse 30 minutos antes de cada proxección.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.