O Bloque Nacionalista Galego pedirá que o Congreso dos Deputados apoie, por unanimidade, unha declaración institucional rexeitando o uso «pexorativo» da expresión «Galicia profunda» Así o anunciou Néstor Rego, deputado do BNG, hoxe en rolda de prensa na que lembrou que unha declaración semellante xa está aprobada polo Parlamento de Galicia.
Rego sinalou «os prexuízos e estereotipos» nos que incurriu a xuíza María Belén Ureña Carazo cando otrogou a garda e custodia dun neno de 13 meses ao pai sinalando no seu fallo o que cualificou de intención «deplorable» da nai do pequeno por levalo a un pobo da «Galicia profunda».
«Galegofobia e clasismo»
Esta ‘magistrada’, xa denunciada pola nai do cativo, apuntaba que Marbella, onde vive o pai do pequeno, «ofrece múltiples posibilidades para o adecuado desenvolvemento da personalidade dun neno e para que creza nun ambiente feliz«, fronte á «pequenísima poboación na Galicia profunda» onde vive a nai, que está «lonxe de todo».
Para o deputado Néstor Rego esta expresión da xuiza denota a súa «galegofobia e clasismo», e o seu fallo, lamentable e indefendible, «unha potencial vulneración de dereitos dunha persona«.