Comarcas

A Deputación adxudica as obras da estrada entre Viso e Hío, en Cangas, para «transformala nunha estrada do século XXI»

O investimento se´ra de 930.752€

A Deputación adxudica as obras da estrada entre Viso e Hío, en Cangas, para "transformala nunha estrada do século XXI"

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar a actuación de mellora da seguridade peonil na estrada provincial EP1005 Viso-Hío no concello de Cangas, nas que se van investir 930.752€

«Trátase sen dúbida dun dos proxectos de maior envergadura en materia de mobilidade sostible e segura que a institución está a desenvolver na provincia e transformará por completo este viario para convertelo nunha estrada do século XXI», sinalan dende o organismo provincial.

Plan Concellos

As obras estarán financiadas case na súa totalidade pola Deputación, xa que ao 80% do orzamento que lle corresponde no convenio asinado co Concello de Cangas, hai que unir que parte do 20% da aportación municipal, concretamente 157.000€, financiaranse a través do Plan Concellos 2021.

Case un quilómetro

A actuación desenvolverase ao longo de toda a lonxitude desta estrada, de case un quilómetro, desde o cruce coa PO-315 ata a igrexa de San Andrés do Hío, para transformar por completo a vía ao incluír un itinerario peonil continuo, a renovación do firme, a sinalización e a iluminación, a mellora da intersección coa citada estrada autonómica, a habilitación de plataformas de convivencia, e a disposición de sistemas de calmado de tráfico para garantir a seguridade.

‘Zonas 30’

Amais do itinerario peonil que se habilitará na marxe dereita da estrada e que terá 2,5 metros de ancho, na nova vía haberá dúas zonas de convivencia mixta entre persoas e vehículos deseñadas como «zonas 30» en dous treitos estreitos (un de 65 metros e outro de 180 metros de lonxitude).

Así mesmo, o proxecto contempla a ampliación da plataforma da estrada para incluír dous carrís e a instalación de sistemas de calmado de tráfico, mediante sinalización e execución de redutores físicos de velocidade, que garantan a seguridade para as persoas usuarias da vía.

Electricidade, telecomunicacións, abastecemento ou alumeado

Amais, vaise reforzar o firme en toda a estrada; construiranse beiravías de borde de calzada e  executaranse os novos servizos de recollida de augas pluviais, redes de electricidade, telecomunicacións e abastecemento. Os traballos completaranse coa instalación da nova sinalización horizontal e vertical en todo o treito e a implantación dun sistema eficiente de iluminación, con 43 farois led, que transformarán por completo a vía.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.