Galicia

Galicia achégase a 2,1 millóns de certificados COVID emitidos

As farmacias integraron o resultado dos autotest de 48.556 persoas, das que 513 deron positivo

Certificados COVID

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) emitíu un total de 2.075.373 certificados covid. Deles, 1.998.894 foron certificados de vacinación, 47.244 foron certificados de resultado de proba diagnóstica e outros 29.235 certificados de ter superado a enfermidade.

Test en farmacias

Tras aprobarse por parte do Goberno de España a venda de autotest nas farmacias, a Sanidade asinou, co obxectivo de evitar unha maior carga asistencial na atención primaria, un acordo cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia para que as oficinas de farmacia adheridas poidan acreditar a validez dos resultados destas probas e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde.

Até o día de hoxe, as oficinas de farmacia rexistraron os resultados das probas dun total de 48.556 persoas, que permitiron localizar a 513 con resultado positivo.

Antíxenos

Así mesmo, en colaboración coas áreas sanitarias, estivéronse a realizar tests de antíxenos de xeito gratuíto nos puntos situados nos diferentes distritos sanitarios. Unha vez que se pecharon estes puntos, o balance final indica que se realizaron tests a un total de 27.816 persoas, o que permitiu detectar 311 casos positivos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.