Destacados Vigo al minuto

Vigo acolle dende este sábado a primeira Feira Vegana e Sostible de Galicia

Hoxe, día 23, e mañá, domingo 24 de octubro

Este sábado, o Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) abriu as súas portas para acoller a Primeira Feira Vegana e Sostible de Galicia. O evento prolongarase ata o domingo 24 ás 20 h. e ambos os dous días estará aberto de xeito ininterrompido das 10 da mañá ás 20 h. da tardiña.

Vegana 2021, que conta co apoio do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, recibirá ao longo da primeira xornada as visitas do alcalde, Abel Caballero, as concelleiras María del Carme Lago e Yolanda Aguiar, e a deputada Ana María Mejías, entre outras autoridades

A oferta da feira inclúe Food trucks, postos de comida repostería, casetas de alimentación, bebida, moda, calzadocosméticaartesanía todo tipo de servizos sostibles e veganos. Así mesmo, haberá actividades dirixidas tanto ao público máis miúdo como ao adulto que completarán a primeira feira deste tipo en Galicia.

Programación infantil

A programación infantil inclúe obradoiros de agroecoloxía, macetohortos, cociña fácil para público miúdo, contacontos e mesmo clases de Ioga. Todo iso da man da profesora e educadora ambiental Mery Ocaña; a cooperativa para fomentar a sostibilidade no territorio SomosTerra e as súas socias Raquel Diana; a Asociación por unha Educación Sostible, Vegana e Ecolóxica ESVECOSusana Soto, membro de Galgos 112 Galicia; a tenda de xoguetes de crianza respectuosa Patapum, fundada por Marta; e nelYoga.

Público adulto

Pola súa banda, a programación dedicada ao público adulto abranguerá desde charlas, debates, showcookings, música en directo e mesmo un bingo solidario promovido polo creador de Guakame Street Food Jonan Wiergo.

Ao longo desta fin de semana do 23 e 24 de outubro, entrar no IFEVI significará acceder a un espazo repleto de alternativas respectuosas co medio ambiente e con todos os animais. Un espazo que demostre que outro tipo de consumo é posible.

Toda a información sobre a programación, empresas expositoras e adquisición de entradas —que son gratuítas para diversos colectivos e de 5 euros na billeteira para o público xeral—,  está dispoñible na web www.vegana.gal

También te puede interesar