Destacados Vigo al minuto

Abanca gaña no terceiro trimestre, 210 millóns, un 46% máis que o ano anterior

Os seus ingresos por prestación de servizos bancarios subiron un 9,8%

Abanca obtivo en 2022 un beneficio de 217 millóns, un 40,7% máis que en 2021

Abanca mellorou o seu resultado até obter no terceiro trimestre de 2021 un beneficio atribuído de 209,8 millóns de euros, grazas fundamentalmente ao aumento dos ingresos recorrentes, ao “eficaz control de gastos e á contención do custo do risco”.

A entidade sinala que “afronta a etapa de recuperación e transformación da economía desde unha posición de fortaleza financeira” acreditada pola máxima calidade dos seus activos (cociente de morosidade do 1,9% e nivel de adxudicados sobre balance do 0,3%), os seus elevados niveis de cobertura (85,4% en activos dubidosos e cociente Texas do 26,9%), o seu “robusto nivel de capitalización” (cociente de capital total do 17,3% e 1.571 millóns de exceso sobre requisitos regulatorios) e a súa cómoda posición de liquidez (cociente LTD do 95,7% e 15.107 millóns de euros en activos líquidos).

“Sólido crecemento dos ingresos recorrentes”

Os ingresos recorrentes seguen gañando peso trimestre a trimestre na conta de resultados de Abanca. Grazas á “boa evolución da marxe de intereses” (que creceu un 7,6%) e dos “ingresos por prestación de servizos bancarios” (que o fixeron nun 9,8%), a marxe básica rexistrou un incremento do 8,2%.

Grazas á realización de proxectos de racionalización e á obtención de valor nas integracións, os custos ordinarios reducíronse nun 6,8%. Con iso, a marxe recorrente (marxe básica menos gastos de explotación) alcanzou os 190 millóns, o que supón un incremento do 56,2% respecto ao obtido en setembro de 2020.

O custo do risco (0,34%) segue contido a pesar de manter a prudencia en canto a coberturas do crédito. Abanca mantén as coberturas de crédito dubidoso máis elevadas do sistema financeiro español (85,4%), destacando a prudencia no segmento de pemes e grandes empresas, onde se alcanza o 105,2% de cobertura.

Fortaleza do negocio”

O volume de negocio aumentou un 15,8% até quedar situado en 103.697 millóns de euros. Se se contabiliza o negocio da rede española de Novo Banco, esta cifra sitúase xa por encima dos 107.000 millóns (crecemento interanual do 20,1%).

A carteira de crédito a clientes en situación normal incrementouse nun 15,4% en termos interanuais (10,9% excluíndo Bankoa, integrada a principios de 2021) até os 44.429 millóns de euros. O financiamento a empresas e familias, que suman o 77% do total, constitúe o seu compoñente maioritario.

Polo que respecta aos recursos de clientes, a entidade xestiona un total de 58.830 millóns de euros. Esta cifra supón un crecemento total do 17,0% (11,5% sen contabilizar Bankoa). Os depósitos de clientes creceron un 14,8% (11,0% sen incluír Bankoa), até os 46.861 millóns de euros.

No que vai de ano o banco incorporou máis de 128.000 novos clientes valor, incrementou nun 11,8% o seu parque de tarxetas de crédito e débito, e aumentou nun 14,6% o seu parque de TPVs.

Os recursos fóra de balance rexistraron un crecemento do 26,6% (13,7% sen incluír o efecto de Bankoa). “Mención especial merece o servizo de Xestión Discrecional de Carteiras, que xa supera os 1.100 millóns de euros de volume e que xa foi contratado por máis de 8.000 clientes. Este produto mantense entre os mellores do mercado en termos de rendibilidade”, informan dende a entidade.

As primas de seguros xerais e vida-risco creceron un 11,8%, cun comportamento moi homoxéneo nos diferentes segmentos: pagos protexidos creceu un 16%, seguros coche e empresas un 13%, e vida-risco un 12%.

También te puede interesar