Cultura Vigo al minuto

O BNG de Vigo reclama a reapertura do espazo xuvenil Vigosónico

O alcalde asegurou que abrirá cando entremos na “nova normalidade” e cunha “dedicación máis intensa”

O Bloque Nacionalista Galego reclamou este luns que reabra o espazo xuvenil do Vigosónico, que pechou as súas portas en marzo de 2020 por mor da pandemia do coronavirus, mais que a día de hoxe continúa ser ter unha data para retomar a súa actividade. Unha reapertura que veñen solicitando nos últimos meses tendo en conta que a maioría dos servizos e actividades municipais xa recuperaron a súa normalidade.

“Non hai xustificación”

Insistiu o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas. “O único que fixo o goberno de Abel Caballero nos últimos anos foi baixar as persianas, botar o feche a servizos tan importantes como o programa Súbete o Castro, o Punto Xove e desarticular na práctica o servizo que se prestaba na Casa da Xuventude. E agora ter conxelado, ter baleiro, un espazo como Vigosónico.

500 mozas e mozos cada semana

Polas instalacións deste programa, que naceu hai unha década impulsado polo Bloque desde os gobernos municipal e galego, pasaban cada semana máis de 500 mozas e mozos. Un lugar referencial para a xuventude que prestaba servizo a máis de 80 grupos e bandas musicais da nosa cidade antes do seu peche grazas os seus locais de ensaio, o seu estudo de gravación e un vizoso programa de formación musical.

Que o Goberno local “deixe de castigar á mocidade de Vigo”

“O que lle reclamamos ao goberno municipal é que deixe de castigar á mocidade de Vigo, que despregue unha política xuvenil que poña fin á desertización do que xa estaba construído”, sinalou Igrexas.

“Desde o BNG seguimos insistindo en que hai que recuperar o terreo perdido para volver colocar Vigo na cabeza das cidades galegas no que ten a ver con ofrecer unha verdadeira política para as mozas e os mozos da nosa cidade”.

“Unha dedicación máis intensa”

Este martes, vigoalminuto, preguntou ao alcalde, durante a súa rolda de prensa diaria, sobre a apertura de Vigosónico e Abel Caballero asegurou que estará aberto cando entremos na “nova normalidade, ainda que non deu unha data concreta.

Abel Caballero adiantou que esa apertura, en cando se faga será “cunha dedicación máis intensa”, pero sin explicar máis polo miúdo cales son os plans para a mesma.

Resposta do alcalde sobre Vigosónico

También te puede interesar