Destacados Vigo al minuto

Vigo tivo unha ocupación hoteleira do 81% a pasada ponte do 12 de outubro

A provincia superou o 75%

'Récord' de turistas en la ciudad

A ponte do 12 de outubro foi todo un “éxito” para o sector turístico da provincia de Pontevedra. Así o constatou o observatorio de Turismo Rías Baixas que vén de confirmar unha ocupación hoteleira media superior ao 75% que confirma a tendencia rexistrada durante o verán que consolida á provincia como líder en Galicia e «destino top de España».

Área de Vigo

A área de Vigo acadou a maior porcentaxe, cun 82% de ocupación media nos establecementos hoteleiros, seguida do Salnés e O Morrazo, cun 75%. A
comarca do Baixo Miño superou o 72%, a de Pontevedra o 71,5%, as comarcas de Deza e Terra de Montes o 68%, a de Caldas o 58,5% e as do Condado e da Paradanta o 47%.

Por concellos, Baiona superou o 82%, Vigo o 81%, Sanxenxo e Pontevedra o 78% e O Grove o 69,5%.

Turismo rural

No que respecta aos establecementos de turismo rural, a ocupación media na provincia durante a ponte foi do 65%. Por comarcas a do Morrazo foi a que acadou a maior porcentaxe, cun 79% de ocupación en casas rurais, seguida do Condado e A Paradanta, cun 78%. A comarca de Pontevedra chegou ao 77%, a do Baixo Miño ao 72%, a do Salnés ao 67%, as comarcas do Deza e Terra de Montes ao 54%, a de Vigo ao 52,5% e a comarca de Caldas ao 50%.

Mención aparte merece a ocupación media das vivendas turísticas que acadaron un 87% durante a ponte, cunha forte presenza do turismo nacional do sur de España e da Comunidade Valenciana. Puntos concretos como Vigo, Sanxenxo, O Grove, Pontevedra, Cambados, Nigrán e Baiona chegaron ao 100% de ocupación.

Castelo de Soutomaior

Tamén foi significativa a asistencia de persoas ao Castelo de Soutomaior que, pese a estar pechado o luns 11 de outubro, chegou a recibir a 790 persoas.

No que respecta ao perfil das persoas turistas que se achegan ás oficinas da Rede Info Rías Baixas tratáronse de visitantes maioritariamente españoles/as (93%) procedentes de Madrid, Barcelona, Vizcaya e Valladolid. No caso das persoas estranxeiras (7%) proviñan de Portugal, Alemaña, Estados Unidos, Suecia, Francia e Reino Unido.

A porcentaxe maioritaria tiña entre 35 e 60 anos, aloxáronse en hoteis cunha estancia media de entre 4 e 6 días e visitáronos pola oferta cultural e de ocio.

Novo premio internacional para ‘Sigue o teu Instinto

A provincia volve a estar de parabéns tras coñecerse que o audiovisual “Sigue o teu instinto”, co que a Deputación promocionou o turismo no 2020, ven de acadar o seu sétimo galardón ao alzarse co terceiro premio na categoría de produto turístico no Festival de Turismo de Riga (Letonia).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.