RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Condena firme contra o alcalde de Vilanova polos seus comentarios machistas sobre Carmela Silva

Esixen que o PP aparte a Gonzalo Durándo partido

Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova

O goberno da Deputación de Pontevedra expresou hoxe a súa satisfacción ante a sentencia da sección 2ª da Audiencia Provincial, notificada hoxe, que desestima o recurso de apelación interposto polo alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, fronte á condena do Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra.

A mesma censuraba as súas manifestacións contra a presidenta provincial, Carmela Silva, a quen se referiu de “…chacha para
todo…”
.
As declaracións machistas do alcalde do PP contra Silva, provocaron a reacción de numerosas asociacións, partidos políticos e
colectivos de todo o Estado.

Sentencia firme

A resolución da Audiencia, que é firme e contra a que non cabe recurso algún, confirma na súa integridade a sentencia do Xulgado de Instrución, do 1 de xuño de 2021, que condenou a Durán como autor responsable dun delito de falta de respecto e consideración debida á autoridade, cunha pena dun mes de multa diaria de 12€, coa responsabilidade persoal subsidiaria en caso de impago dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non pagadas, amais do pago das costas do procedemento.

Unha sentencia que «marca un antes e un despois»

O deputado Carlos Font comunicou hoxe “a satisfacción do goberno da Deputación por esta sentencia que marca un antes e un despois e fixa o camiño de forma clara para aqueles que seguen subidos no carro do machismo máis rancio e da descualificación permanente”.

Font esixiu por elo á dirección do PP que aparte a Gonzalo Durán do partido. “Non teñen outro remedio, xa non poden aprazar a decisión por
máis tempo”
.

También te puede interesar