Comarcas

Rematados os traballos de mellora do Camiño dos Quinteiros, en Redondela

A actuación de mellora desenvolveuse entre o camiño de Negros e o Camiño da Lameira

Rematados os traballos de mellora do Camiño dos Quinteiros, en Redondela

O Concello de Redondela deu por rematadas as obras de mellora e adecuación do Camiño dos Quinteiros, na parroquia de San Estevo de Negros, traballos cos que se busca mellorar a accesibilidade viaria.

A actuación de mellora desenvolveuse nun treito de preto dos 500 metros (486,74) –entre o camiño de Negros e o Camiño da Lameira– e cunha largura media de 5,32 metros. Tal e como sinala o informe técnico, o camiño posuía unha capa de rodadura en aglomerado e atopábase cun alto grao de deterioro.

A superficie a pavimentar abrangueu todo o ancho da calzada dende o limite das propiedades, muros ou cunetas e, unha vez asfaltado, púxose á nova cota de tapas de pozos, reixas e arquetas de rexistro. As obras foron incluídas no Plan Marco: Mellora de camiños municipais de acceso a parcela agrícolas 2021-2022, promovido pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que visitou o estado das obas acompañada do concelleiro de Vías e Obras, Vicente Lamas, subliñou a importancia destes traballos «que melloran as comunicacións, facilitan á vida á veciñanza e contribúen a vertebrar o municipio».

«Non se trata de obras illadas –puntualiza a rexedora redondelá– senón dun plan global que desenvolve a Concellería de Vías e Obras e que ten como finalidade que as nosas parroquias poidan contar cunhas estradas e camiños adecuados ás necesidades das veciñas e veciños».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.