Galicia

O BNG denuncia que Naturgy volve deixar sen luz a varias parroquias de Gondomar

A falla afectou a Chaín, Couso, Morgadáns e Peitieiros desde ás 21:30h até ás 3 e media da mañá

O BNG denuncia que Naturgy volve deixar sen luz a varias parroquias de Gondomar

O BNG denuncia que, “unha vez máis”, Naturgy deixou sen luz a varias parroquias de Gondomar. A falla de corrente de 6 horas afectou a Chaín, Couso, Morgadáns e Peitieiros desde ás 21:30h do sábado, até ás 3 e media da mañá. Ás 12h da mañá do domingo o servizo de atención ao cliente da empresa eléctrica aínda non sabía informar da causa da falla de subministro.

Veciñas e veciños temen que esta vaia ser, novamente, a tónica xeral do subministro eléctrico na zona en días de chuvia e vento, como nos últimos 20 anos. “Porque aínda a que a indignación e a mobilización veciñal, tras a situación vivida nos días de noiteboa e nadal do ano pasado, conseguiran o reforzo da capacidade do tendido eléctrico nestas parroquias, se a empresa subministradora non pon dunha vez solución que evite ás avarias que se producen nas liñas de alimentación, seguiremos a padecer os continuos cortes dun servizo básico“, indica a portavoz municipal do BNG, Manuela Rodríguez.

Grandes prexuíxos aos veciños

A falla de electricidade provoca grandes prexuízos nos domicilios particulares: non se poden utilizar respiradores ou outros aparellos necesarios para os coidados de persoas dependentes, nin os electrodomésticos ou ordenadores, impide nalgúns casos dispoñer de auga corrente e/ou quente, calefacción ou conexión a Internet, provoca danos en aparellos ou en alimentos conxelados. É tamén un gran agravio para as persoas que traballan dende a casa e para comercios e empresas, xa que lles impide realizar a súa actividade con normalidade, ademais de provocarlles perdas.

O prezo da luz un 545% máis caro

É indignante que cando o BNG propónmedidas como o soterramento das liñas que atravesan o monte, para evitar as avarías producidas polas caídas de árbores sobre elas ou polo impacto de pólas e cascas, a resposta sexa sempre a mesma: é moi caro”, denuncia a concelleira nacionalista. “E logo vemos como en 2020, en plena pandemia, as eléctricas obtiveron  beneficios (beneficios, non ingresos) multimillonariosNaturgy 490 Millóns de euros, Endesa 1.394, Iberdrola 3.610.”

A indignación é aínda maior candochegan as facturas da luz cuns prezos de estafa. E xustamente o sábado foi o prezo da luz máis caro da historia, 173,65€ o Mwh, un 545,77% máis que hai un ano.

Por todo isto, o BNG de Gondomar instará, máis unha vez, aos gobernos da Xunta e do Concello a realizaren urxentemente as actuacións precisas para que a empresa subministradora solucione dunha vez este agravio á veciñanza das parroquias afectadas.

También te puede interesar