Ciencia y Tecnología Galicia

A consulta de accesos venosos do Cunqueiro xa realizou 2.000 técnicas de vías especiais

Esta técnica vai dirixida a pacientes con dificultades para tomarlles unha vía, especialmente oncolóxicos

A consulta de accesos venosos do Cunqueiro xa realizou 2.000 técnicas de vías especiais

A Consulta de Accesos Venosos do hospital Álvaro Cunqueiro xa acadou a realización de 2.000 técnicas para implantar vías intravenosas especiais.

Así, nestes 3 anos que leva en funcionamento, o equipo de terapia intravenosa -formado integramente por profesionais de enfermaría- ten inserido 1.000 liñas medias canalizadas (vía periférica) e 1.000 PICC,s (vía central a través de acceso periférico con guiado ecográfico).

Pacientes con problemas para tomarles una vía

Esta Consulta, dependente da Dirección de Enfermaría, vai dirixida a atender especificamente aos pacientes que presentan problemas ou dificultades para tomarlles unha vía para a administración de fármacos irritantes e/ou vesicantes, ou aqueles que precisen dunha terapia intravenosa de longa duración (máis de 7 días e menos dun ano). Tamén vai dirixida a atender as dúbidas tanto de pacientes como de profesionais e as complicacións das vías implantadas tanto no ámbito de  hospitalización como no ambulatorio.

 Segundo explica unha das dúas enfermeiras desta Consulta, Magdalena Campos, “o obxectivo da nosa actividade é preservar nas mellores condicións o capital venoso do  paciente, sobre todo cando ten que someterse a tratamentos de longa duración ou moi agresivos, xa que estas terapias poden  irritar ou danar o seu sistema vascular periférico, así como mellorar a calidade de vida do paciente onco-hematolóxico” .

Estas técnicas téñense revelado moi beneficiosas para os pacientes tanto hospitalizados como ambulatorios xa que a colocación destes dispositivos de longa duración evitan moitos pinchazos -tan habituais nos pacientes onco-hematolóxicos, cirúrxicos, complexos ou crónicos- para a administración dos fármacos intravenosos así como para as analíticas de  control. En definitiva, trátase de diminuír o número de puncións venosas e minimizar as posibles complicacións derivadas dos pinchazos ou da administración de fármacos irritantes ou vesicantes.

Os pacientes atendidos nesta Consulta son enfermos ingresados nas Unidades de hospitalización dos diferentes servizos médicos e cirúrxicos, así como pacientes ambulatorios, fundamentalmente os que están en tratamento oncolóxico ou hematolóxico. “Aos pacientes ambulatorios do Hospital de Día que necesitan quimioterapia lles colocamos un PICC para que teñan unha vía central durante todo o tratamento quimioterápico”

 Técnica ecoguíada

A inserción de catéteres venosos centrais periféricos, coñecidos polas súas siglas en inglés como PICC, realízase a través de  técnicas guiadas por ecografía. Así, antes de colocar o dispositivo, as enfermeiras desta Consulta realizan unha ecografía para valorar o estado do sistema venoso do paciente, escollendo o mellor dispositivo para o tipo de fármaco a administrar e o tempo de duración do tratamento,  adaptando o calibre do dispositivo implantable ao tamaño do vaso sanguíneo do paciente. 

Esta técnica representa grandes vantaxes xa que non require dunha sala especializada, xa que se realiza a pé de cama do paciente, e con só anestesia local se logra colocar o catéter sin apenas molestias;  ademais, grazas a posibilidade de elixir o calibre de catéter máis adecuado, se reducen as complicacións como a flebite, trombose ou as infeccións.

En conclusión, este procedemento presenta moi baixo índice de complicacións fronte a outras alternativas, mellorando a seguridade dos pacientes e incrementando a calidade destes procedementos; ao tempo, ten unha  contrastada eficiencia tanto para os profesionais como para a organización sanitaria.

También te puede interesar