RGPD - Cookies
Comarcas

A Deputación destina 429.000€ do Plan Concellos a Redondela, O Porriño, Gondomar e A Cañiza

Asicaranse a actuacións no alumeado público, na rede e saneamento e en diferentes estradas e viais

Visitas caracterizadas e teatralizadas ao Castelo de Soutomaior

A Deputación de Pontevedra volveu a aprobar recursos para os municipios da provincia no marco das liñas 1 e 2 do Plan Concellos.

Nesta ocasión deu luz verde a 429.300€ para Baiona, O Porriño, Gondomar, A Cañiza e Redondela, cos que se actuará no alumeado público, na rede e saneamento ou no pavimento de viarios.

Baiona

A Baiona chegarán 154.800€ da liña 1 cos que o concello urbanizará e
mellorará o alumeado público de tres rúas do barrio da Anunciada e do Camiño Longueiriña. As obras comprenden a rehabilitación e acondicionamento de viarios e beirarrúas así como a revisión e reforzo das instalacións urbanas existentes.

Gondomar

Pola súa banda, Gondomar contará con 63.500€ da mesma liña para as
obras de mellora da pavimentación na estrada do Mosteiro, na parroquia de Donas. Con elas intervirase nun trazado comprendido entre a conexión coa EP- 2304 ata o entroque coa estrada de Nogueira, no que se mellorará o firme e instalaranse saídas de augas pluviais para evitar encharcamentos.

O Porriño

Para O Porriño a Xunta de Goberno aprobou 65.800€ da mesma liña co fin de ampliar a rede de saneamento en Eidos do Medio, na parroquia de Cans, nun tramo que actualmente carece deste servizo. Ademais, A Cañiza aumentará a dispoñibilidade de auga no depósito de Porto de Augavella cunha achega provincial de 60.000€ que servirá para construír un novo pozo de barrena.

Redondela

No que atinxe á liña 2, para Redondela foron aprobados 85.200€ que o
concello destinará aos sectores máis afectados pola pandemia que poderán financiar gastos de aluguer, a cota de persoas autónomas, a electricidade e os seguros.

También te puede interesar