Comarcas Vigo al minuto

A Deputación aproba achegas para retirar a simboloxía franquista dos concellos

Contan cunha contía de 100.000 euros

A Deputación de Pontevedra vén de abrir unha liña de axudas para retirar simboloxía franquista nos concellos da provincia. Trátase de achegas que forman parte das xa coñecidas Subvencións para a Rehabilitación e Sinalización do Patrimonio Histórico Cultural, e que contan cunha contía global de 100.000 euros, segundo se publica no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO).

As colaboracións económicas da Deputación para a eliminación da
simboloxía franquista dos espazos públicos poderán destinarse a o obras de retirada de escudos, insignias e placas das rúas con nomes relacionados co franquismo; retirada de estatuas, mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva ou de calquera pegada de eloxio; ou a rehabilitacións e restauracións dos elementos dos bens inmobles de titularidade municipal directamente afectados coa retirada da simboloxía franquista.

Unha «obriga legal»

A deputada de Memoria Histórica María Ortega lembra que a retirada da
simboloxía franquista é unha obriga legal que as administracións locais
deben asumir
, mais como nalgúns casos a falta de orzamento impide levar
adiante as retiradas, “a Deputación de Pontevedra pensa que incorporar
esta liña nas subvencións é bo para que os concellos da provincia poidan
entrar camiño de facilitar o cumprimento da normativa da Lei de Memoria
vixente”.

As axudas repartiranse cun importe fixo de 50.000 euros de xeito lineal entre os concellos da provincia que decidan acollerse a elas.

A cantidade restante repartirase, en proporción ao 75 % da poboación e ao
25 % da superficie, con 10.000 euros para os 37 concellos de ata 10.000 habitantes; 20.000 euros para os 14 concellos de 10.001 a 20.000
habitantes; e outros 20.000 euros para os 8 concellos de entre 20.001 e
50.000 habitantes.

Rehabilitación e sinalización do patrimonio

Desde o ano 2016 a Deputación de Pontevedra conta cunhas liñas de
subvencións dirixidas aos concellos da provincia para a rehabilitación do
patrimonio e a sinalización do patrimonio histórico e cultural e a memoria histórica
co obxectivo de darlle valor á riqueza patrimonial do noso territorio mediante a súa recuperación e mellora.

A través da convocatoria deste ano a Deputación de Pontevedra promoverá
dúas liñas diferenciadas: unha liña A, a nova sección anunciada para
eliminación da simboloxía franquista; e unha liña B, a tradicional de
rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-cultural. Ambas
poderanse solicitar de forma paralela e non excluínte.

O obxecto das subvencións da liña B, que neste ano ascenderán a 300.000
euros
, será como é habitual, a restauración de bens inmobles de titularidade municipal que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico, artístico, paleontolóxico, arqueolóxico ou etnográfico, ademais dos conxuntos urbanos, sitios naturais, xardíns e parques que teñan valor artístico, histórico ou antropolóxico; a adquisición de bens inmobles integrantes do patrimonio histórico da provincia de Pontevedra e a instalación de paneis informativos no patrimonio histórico e cultural dos bens inmobles de interese municipal, os conxuntos urbanos, as parroquias, os xacementos e as zonas arqueolóxicas, ademais dos sitios naturais, os xardíns e os parques que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico, antropolóxico, artístico ou etnográfico dentro do ámbito territorial da provincia de Pontevedra.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.