Deportes Vigo al minuto

Seminario gratuito de Defensa Persoal para Mulleres, en ‘Máis que Auga’

Os días 1 e 2 de outubro, en Navia

Os días 2 e 3 de outubro (de 10 a 14 horas) celebrarase en Máis que Auga Navia’ , en Vigo, un seminario de defensa persoal feminina gratuíto, que ten como
obxectivo ofrecer ás mulleres un instrumento para reaccionar de forma automática ante unha situación violenta.

Esta actividade, promovida pola Federación Española de Loita dentro do programa Muller e Deporte do Ministerio de Cultura e Deporte.

A quen vai dirixida?

A toda muller, dá igual a súa idade ou condición física, tal e como mostran os feitos, sinala Jonahan Martínez, representante da defensa persoal feminina en Galicia e organizador do evento.

Como podes apuntarte?

So tes que reservar a túa praza no teléfono 610 57 02 22, deixando os teus datos persoais, e así ata cubrir o aforo. Para acudir á formación,«roupa cómoda e gañas de aprender».

Neste programa trabállase en base a situacións reais, para ofrecer ás mulleres instrumentos para ter automatismos para defenderse nunha situación de violencia. Pero… «despois da actividade hai que seguir«. Jonathan Martínez insiste en que “no seminario ensinamos os exercicios, pero para que poidas reaccionar de forma automática é necesario que a partir de aí continúes practicando e dedicándolle horas”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.