Galicia

Nace #ConSalceda para dinamizar o comercio local, a hostalería e o Mercado de Abastos

Está impulsada pola Concellería de Comercio que dirixe a alcaldesa, Verónica Tourón

O Concello de Salceda de Caselas vén de poñer en marcha a súa propia Marca Comercial #ConSalceda, a través dunha subvención de 11.744,49€, do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A Concellería de Comercio dirixida pola alcaldesa, Verónica Tourón, ven de presentar hoxe a Marca Comercial, que aglutinará o tecido económico da vila, e que forma parte do proxecto de dinamización da actividade local no que traballa o Concello. Na presentación estivo acompañada da tenente de alcaldesa Loli Castiñeira,  representantes de ACISA e da Praza de Abastos.

Reiniciar a vida social e económica de Salceda

Trátase dunha iniciativa que busca fomentar o consumo local, para reiniciar a vida social e económica de Salceda, despois das consecuencias da pandemia.

«ConSalceda» ten como finalidade converterse nunha marca de referencia para dar visibilidade a todo o comercio local, a hostalería, o mercado municipal e a Praza de Abastos. Unha marca comercial que identifica Salceda a través de valores implícitos valores como o de traballar conxuntamente para por en valor «o noso».

Tendo en conta que o comercio e a hostalaría  son a principal fonte dinamizadora e económica dun pobo, o Concello aposta por proxectos de apoio a estes sectores, como medida de reactivación económica. A iniciativa terá visibilidade a través de redes sociais, publicidade en medios, organización de actividades de dinamización e outras accións que se irán poñendo en marcha ao longo dos próximos meses.

Verónica Tourón, explica que «o proxecto #ConSalceda busca que «unamos as forzas para reactivar o comercio de proximidade, pequenos negocios, tendas e hostalería e forma parte dun obxectivo máis amplo que é facer de Salceda un pobo cun atractivo comercial importante. Axudar ao comercio é axudarnos a nós, a toda a veciñanza»

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.