RGPD - Cookies
Comarcas

Redondela súmase á limpeza simultánea do ‘Proxecto Ríos’ de Adega

O Concello colaborará con ArteLixo na limpeza do río Pexegueiro e cos Veciños de Chapela, na retirada de lixo do río Maceiras

Redondela súmase á limpeza simultánea do 'Proxecto Ríos' de Adega

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela vén de sumarse á xornada de Limpeza Simultánea de ríos que se desenvolverá este domingo, 26 de setembro ao abeiro do ‘Proxecto Ríos’, promovido por Adega.

Tal e como adiantou o concelleiro Alberto Álvarez, o Concello colaborará coa asociación ArteLixo e coa Asociación de Veciños de Chapela nas limpezas que levarán acabo nos ríos Pexegueiro e Maceiras.

Río Pexegueiro

A limpeza do río Pexegueiro terá o seu punto de reunión e saída fronte á Piscina Municipal de Redondela ás 10 horas. Unha vez rematadas as labores de limpeza, está prevista a celebración dun xantar popular á beira do río na que as e os participantes deberán levar a súa comida. A inscrición para participar nesta iniciativa deberá realizarse no correo [email protected].

Río Maceiras. Chapela

No que á limpeza río Maceiras fai referencia, actividade organizada pola Asociación de Veciños de Chapela e que chega xa a súa sétima edición, o punto de reunión será no Camiño Laredo de Abaixo, 3 (coordenadas GPS 42.265495, -8.674221) ás 10:30 horas.

A zona de estacionamento será fronte a Piscina Municipal de Chapela (42.266485, -8.675588). Dadas as restricións sanitarias, será preciso inscrición previa que pode formalizarse no correo [email protected]

También te puede interesar