Comarcas

Redondela súmase á limpeza simultánea do ‘Proxecto Ríos’ de Adega

O Concello colaborará con ArteLixo na limpeza do río Pexegueiro e cos Veciños de Chapela, na retirada de lixo do río Maceiras

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela vén de sumarse á xornada de Limpeza Simultánea de ríos que se desenvolverá este domingo, 26 de setembro ao abeiro do ‘Proxecto Ríos’, promovido por Adega.

Tal e como adiantou o concelleiro Alberto Álvarez, o Concello colaborará coa asociación ArteLixo e coa Asociación de Veciños de Chapela nas limpezas que levarán acabo nos ríos Pexegueiro e Maceiras.

Río Pexegueiro

A limpeza do río Pexegueiro terá o seu punto de reunión e saída fronte á Piscina Municipal de Redondela ás 10 horas. Unha vez rematadas as labores de limpeza, está prevista a celebración dun xantar popular á beira do río na que as e os participantes deberán levar a súa comida. A inscrición para participar nesta iniciativa deberá realizarse no correo [email protected].

Río Maceiras. Chapela

No que á limpeza río Maceiras fai referencia, actividade organizada pola Asociación de Veciños de Chapela e que chega xa a súa sétima edición, o punto de reunión será no Camiño Laredo de Abaixo, 3 (coordenadas GPS 42.265495, -8.674221) ás 10:30 horas.

A zona de estacionamento será fronte a Piscina Municipal de Chapela (42.266485, -8.675588). Dadas as restricións sanitarias, será preciso inscrición previa que pode formalizarse no correo [email protected].

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.