Cultura Vigo al minuto

Dende este venres, en Vigo, o ciclo de cinema ‘Unha Ponte coa Lusofonía’

No Centro Cultural Camões, ás 20:00h.

Este venres, día 24 de setembro, Abella Producións porá en marcha o proxecto Unha Ponte coa Lusofonía, unha programación cinematográfica coa que achegará ao Centro Cultural Camões de Vigo curtametraxes e longametraxes de recente produción de Portugal, Brasil e Galicia.

A mostra trae a Vigo producións premiadas como a película brasileira ‘Bacurau’, gañadora do Premio do Xurado de Cannes, en 2019. Un sorprendente filme definido como “metade máxico, metade brutal”, sobre os estragos que a xestión dos recursos naturais ocasiona nas pequenas vilas e como estas se senten borradas do mapa.

Ademais da película, o director, Kleber Mendonça Filho, participará vía
videoconferencia e falará cos presentes sobre o filme e a súa traxectoria como cineasta. A mostra tamén proxectará a curtametraxe ‘O Véu de Amaní’, de Renata Diniz, sobre o choque cultural dunha nena afagana en Brasil.

Este será o primeiro dos catro eventos programados por Unha Ponte coa
Lusofonía, que continuará os días 21 de outubre, 25 de novembro e 9 de
decembro.

Todos os eventos son gratuítos e comezan ás 20:00 h na sede do
Centro Cultural Camões de Vigo . Debido ao protocolo Covid, o aforo é limitado. A mostra conta co apoio da Deputación de Pontevedra e o Centro Cultural Camões de Vigo.

Exposición cineclubes

De xeito paralelo desenvolverase no Centro Camões unha exposición de
carteis de cineclubes de Brasil, Portugal e Galicia. Os cineclubes, desde que foron creados en 1920, son unha inportante fonte para la difusiòn del
cinema, tanto en Portugal, como en Brasil e Galicia; os cineclubes hoxe
contan a historia da resistencia e o amor pola cultura.

A exposición ten por obxectivo exhibir unha serie de carteis de 3 cineclubes: Mate com Ango, de Duque de Caixas, Brasil; O Porto, da cidade portuguesa homónima; e o Cineclube Pontevedra, de Galicia. Os carteis constitúen unha mostra do seu traballo ao longo do tempo, da súa visión cinematográfica e do contexto cultural no que están inseridos.

Resumo da programación

24 de setembro – 20h
O véu de Amaní, de Renata Diniz ( Brasil )
Bacurau, de Kleber Mendonça Filho e Juliano Dornelles ( Brasil )

21 de outubro – 20h
Noite perpétua, de Catarina Romano ( Portugal )
Pedro e Inés, de Antonio Ferreira ( Portugal )

25 de novembro – 20h

Homeless home, de Alberto Vázquez ( Galícia)
9 fugas, de Fran Cortizo ( Galicia )

9 de decembro – 20h
Cascudo, de Igor Barradas ( Brasil )
Joãozinho da Goméia, de Rodrigo Dutra e Jananina Refém ( Brasil)
Monte Bravo, de Noélia Muiño ( Galícia )
O son da balea , de Daniel Suarez Rubini ( Galicia )
Nha Mila, de Denise Fernandez ( Portugal)

Exposición do 2 ao 17 de decembro: o horário será o do funcionamento normal do Camões.

También te puede interesar