Galicia

Salceda e Salvaterra organizan conxuntamente un obradoiro de emprego ‘Sustentable’

Participarán 20 persoas que terán un contrato de 9 meses e cobrarán o Salario Mínimo

O Concello de Salceda de Caselas, xunto co de Salvaterra de Miño, ven de recibir unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade de 346.986 euros para a realización do proxecto dun obradoiro dual de emprego denominado «Sustentable».

Este obradoiro contará con dúas actuacións, unha na especialidade de Servizo de limpeza e xestión de residuos urbanos, no que se realizarán tarefas de limpeza e mantemento de superficies e mobiliario en edificios e locais municipais, e outra actuación na especialidade de Forestal-xardinería, no que se porá en valor o parque forestal Monte Castelo, na parroquia de Pesqueiras, no Concello de Salvaterra.

Titulación

 A formación consta de especialidades formativas de limpeza en espazos abertos e instalacións industriais e xestión de residuos urbanos e industriais, de nivel 1, e de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, actividades auxiliares en xardíns e centros de xardinería e actividades auxiliares en aproveitamentos forestais, de nivel 2, para as que é preciso estar en posesión do título de Graduado en ESO, ou dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia ou dun certificado de profesionalidade de nivel 2, ou cumprir o requisito académico de acceso a ciclo medio, ou ter superadas as probas de acceso a universidade para maiores de 25, ou ter as competencias clave necesarias.

20 personas con contratos de 9 meses

Serán beneficiarias 20 persoas, tendo prioridade os colectivos con maior dificultade na inserción laboral, e percibirán un salario equivalente ao salario mínimo interprofesional, cun contrato de formación e aprendizaxe de nove meses, destinándose 221.378€ da subvención á contratación.

Para levar a cabo o proxecto contratarase persoal directivo, docente e de apoio, e xestionarase e execución dende o propio CDL O Torrón en Salceda, onde se levará a cabo a primeira etapa do proxecto que é a formativa, e que se complementa cunha segunda etapa de alternancia de traballo e práctica profesional, para así recibir unha formación profesional acaida á ocupación elixida.

Inscrición ata o día 20

As persoas de Salceda interesadas en participar terán que estar inscritas na oficina de emprego de Porriño, para o cal teñen que pedir cita previa, e tamén poden inscribirse no Centro de Desenvolvemento Local CDL O Torrón, contactando co teléfono 986347864, ata o 20 de setembro, xa que despois procederase á selección das 20 persoas participantes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.