Comarcas

Comezan os traballos de limpeza das beiras dos treitos urbanos dos ríos de Redondela

As labores se desenvolven no Pexegueiro, Alvedosa e Maceiras

O Concello de Redondela, a través dunha empresa especializada en limpezas ambientais, baixo a coordinación da Concellería de Medio Ambiente, está a desenvolver traballos de limpeza das beiras nos treitos urbanos dos ríos.

As labores céntranse, nestes días, nas beiras do Pexegueiro Alvedosa e Maceiras para, o vindeiro luns, realizar ditos traballos nos ríos Fondón e Maceiras da parroquia de Chapela.

Segundo o concelleiro de Medio Ambiente, os traballos, dado que se realizan a través dunha empresa especializada nestas labores, «efectúan a limpeza cun estrito cumprimento de todas as normas de coidado medioambiental tanto da flora como da fauna».

Pola súa banda, a alcaldesa Digna Rivas, lembrou que o feito que se traballe nos treitos urbanos «responde a que o Concello carece de competencia fora desas marxes xa que pasa a ser competencia única e exclusiva de Augas de Galicia«.

De feito, engade Rivas, «no 2017 o Tribunal Supremo estableceu que a competencia na conservación ordinaria dos treitos urbanos dos ríos é dos Concello e no 2019 a Xunta publicou unha instrución nese sentido e reservando a Augas de Galicia a limpeza nos treitos interurbanos».

En todo caso, a rexedora redondelá lembrou que, tal e como está demostrado, «a limpeza das beiras e canles diminúe o risco de riadas e inundacións». «O certo é que en inverno estánse a producir episodios de choivas cada vez máis torrenciais e é complicado impedir as riadas, pero unha axeitada limpeza dos ríos reduce moito os danos causados polas mesmas».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.