Cultura Vigo al minuto

Últimos días para apuntarse ás actividades ‘espazos +60’ Afundación

O prazo de inscrición remata este venres, día 17 de setembro

Os ‘espazos +60‘ de Afundación, a Obra Social de ABANCA, entran nos últimos días para a inscrición en todas as actividades, presenciais e online, que se pechará este venres, o día 17 de setembro.

Novos programas

Para 2021-2022 deseñáronse novos programas que teñen como obxectivo acompañar ás persoas participantes na recuperación dos hábitos e as actividades con propostas centradas especialmente na xestión das emocións, a reflexión sobre os seus proxectos de vida e o fomento das relacións interpersoais. Todo iso, desde o coidado cumprimento das indicacións sanitarias.

«Durante a pandemia todos aprendemos a importancia de coidarnos e coidar aos demais, de tecer relacións, superar os medos, pensar na vida que queremos vivir e adaptarnos á nova normalidade. Neste contexto, e atendendo sempre ao que nos trasladan acódelas socias, construímos unha programación na que as emocións e as relacións interpersoais son un eixe vertebrador en todas as propostas», subliña Sabela Couceiro, coordinadora de Envellecemento Activo de Afundación.

También te puede interesar