Cultura Vigo al minuto

Este luns ábrese a inscrición para ‘Vigo camiño a camiño’

En total, serán oito andainas, ata o vindeiro 7 de novembro

O vindeiro domingo, 19 de setembro comeza o programa Vigo, camiño a camiño 2021 cunha ruta por VigoZoo e o Parque Forestal de Bembrive. As inscricións para este primeiro roteiro poderanse facer a partir deste luns, día 13, no teléfono 010.

Oito andainas en total, ata o 7 de novembro

En total serán oito andainas desde o 19 de setembro ata o 7 de novembro, ambos incluídos, cos que o Concello ofrece catro percorridos pola senda panorámica de Vigo e outros catro polas serras do entorno.

As inscricións para cada ruta comezarán a semana previa no 010, con prioridade para os veciños e veciñas de Vigo e cun máximo de 3 persoas anotadas por solicitude.

Bembrive, Monte dos Pozos, Saiáns, ou O Galiñeiro

O 26 de setembro é a segunda data marcada no calendario, onde os camiñantes chegarán ata o parque forestal de Bembrive. Continúan as andainas o 3 de outubro, desde Bembrive ata Monte dos Pozos, desde onde sairá a cuarta e última ruta deste bloque, o 10 de outubro, con finalización en Saiáns.

O programa de outono continuará o 17 de outubro cunha excursión pola Serra do Suído. Unha semana despois, o día 24, será a quenda da Serra da Groba, mentres que o 31 de outubro os inscritos poderán coñecer a Serra do Galleiro. A última proposta de outono, a Serra do Galiñeiro, terá lugar o domingo 7 de novembro.

Para os desprazamentos haberá un bus urbano de balde nas rutas de Vigo e outro discrecional para as do entorno (neste caso abonarase 3 euros por adulto e 1,5 euros para nenas e nenos)

Cada día oferta un centenar de vacantes, que logo serán divididas en grupos para cumprir coa normativa de prevención contra o coronavirus.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.