Cultura Vigo al minuto

Zenet co seu proxecto “Zenetianos”, no Mar de Vigo o 22 de outubro

Ás entradas xa están á venda dende 20€

Zenet co seu proxecto “Zenetianos”, no Mar de Vigo o 22 de outubro

Zenet volverá sobre os seus mellores temas diante do público do Auditorio Mar de Vigo o vindeiro 22 de outubro. O cantante malacitano, deulle unha volta aos seus temas máis coñecidos no seu último traballo: “Zenetianos”.

En “Zenetianos” colaboraron interpretes como Javier Ruibal, Coque Malla, Silvia Pérez Cruz, Rozalen, Vanesa Martín ou El Kanka entre outros. Esas versións dos seus propios temas, e outras de traballos recentes coma “La Guapería” soarán no concerto que se celebrará no auditorio interior do Mar de Vigo 21.30 horas. As entradas xa poden comprarse en www.teuticket.com dende 20 euros.

Zenet é unha das voces máis suxestivas do panorama musical español. Convertido xa nun referente, rodeado da súa espectacular banda de jazz, a súa voz é un selo recoñecible e característico. Tras cinco discos, conseguiu construír un repertorio de diferentes sonoridades, baixo un idioma harmónico común, que é o jazz, reinterpretando cada xénero. A súa é unha música evocadora que transporta a diferentes époucas e lugares. Unha das súas frases máis coñecidas deixa ben claras as súas intencións como músico: “La música se puede recetar”, acostuma a dicir.  

También te puede interesar