Destacados Vigo al minuto

Preocupación polo “abandono” do patrimonio histórico e cultural de Vigo

Marea de Vigo asegura que a intención é que “fique a única pegada e legado do alcalde”

Preocupación polo abandono do patrimonio histórico e cultural de Vigo

Marea de Vigo denuncia a falla de protección e o avance do desleixo co patrimonio histórico e cultural de Vigo. “Vivimos unha renuncia ao coidado da nosa memoria para que, no seu lugar, fique a única pegada e legado do alcalde” sinala a concelleira Oriana Méndez.

“Ese é un camiño que ten difícil retorno”, engade, asegurando que o abandono é “palpable”, non só no caso do dólmen Casa dous Mouros, vese tamén na ponte sobre o Lagares situada na Travesía da ponte romana, entre Balaídos e Portanet, “que leva anos con vallas de obra porque as varandas da propia ponte poden caer en calquera momento”.

O mesmo acontece no Castro, apunta Méndez, “onde hai varandas na parte alta que levan máis dun ano sen arranxarse e cun único letreiro en papel plastificado que reza ‘No apoyarse en la barandilla”.

Declaracións da concelleira de Marea de Vigo, Oriana Méndez

Elementos patrimonais amoreados no parque de Lavadores

Oriana Méndez apunta que non hai que esquecer a situación de todos os elementos patrimoniais retirados da vía pública que se acumulan no parque de Lavadores sen inventario nin catalogación.

Están “amoreados sen control nin protección, moitos deles expostos ás inclemencias meteorolóxicas e aos posibles roubos, no mesmo emprazamento “onde apodrecen ducias de vehículos retirados de uso municipal, como é o caso da balconada de Jenaro de la Fuente que foi retirada da rúa Lepanto” conclúe.

También te puede interesar