Cultura

Últimas prazas para unha xornada de observación de estrelas na Guarda

As inscricións comezan este luns 6 de setembro ás 9:00h no teléfono 986614546 ou presencialmente na Oficina de Turismo

O Concello da Guarda, a través do Departamento de Turismo, organizou este verán a actividade “Venres de xullo baixo as Estrelas”, para a observación de estrelas. Unha das citas programadas anulouse debido á climatoloxía e realizarase finalmente este venres día 10 de setembro ás 22:00h na Área Recreativa do Puntal.

As prazas para a esta actividade contan con 17 vacantes e as inscricións ábrense este luns 6 de setembro ás 9:00h no teléfono 986614546 ou presencialmente na Oficina de Turismo.

Principais constelacións

Os participantes coñecerán as principais constelacións do hemisferio norte, así coma a localización dos planetas e mesmo algúns datos de interese coma as datas das choivas de estrelas perseidas e gemínidas, ou coma orientarse no firmamento empregando algunhas estrelas.

También te puede interesar