Galicia Vigo al minuto

36 estudantes da provincia ampliarán a súa formación en países europeos a través de ‘Practicum Depo’

Pasarán 6 meses en Italia, Portugal, Irlanda, Francia, Malta e Romanía

36 estudantes da provincia ampliarán a súa formación en países europeos a través de 'Practicum Depo'

O programa “Practicum Depo” segue a buscar a “mellor formación posible para o alumnado da provincia a través de saídas ao estranxeiro”, tal e como afirmou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, logo de aprobar a cuarta mobilidade da súa edición 2020.

A achega á que se deu luz verde ascende aos 287.000€ e dela beneficiaranse un total de 36 estudantes de ciclos medios de Formación Profesional (16 rapazas e 20 rapaces), que percibirán entre 6.380 e 8.650€ para as súas estadías.

Sies meses en Italia, Portugal, Irlanda, Francia, Malta e Romanía

O alumnado realizará mobilidades que durarán preto de seis meses sendo os destinos máis demandados Italia e Portugal (con 13 e 12 mobilidades), seguidos por Irlanda (6), Francia (2) e Islandia, Malta e Romanía (cunha mobilidade a cada un deles).

As persoas que se formarán nestes países proceden de 13 centros de
oito concellos da provincia: Vigo e Pontevedra (que conta con 11 alumnas e
alumnos neste programa), Marín (5), O Porriño, Tomiño, As Neves e Sanxenxo (2 cada un deles) e A Illa de Arousa (1).

Formación de alumnos e alumnas de ciclos medios de Formación Profesional

“Practicum Depo” ten por obxectivo completar a formación de estudantes
graduados e graduadas en ciclos medios de Formación Profesional con prácticas laborais en empresas e institucións europeas para facilitar a súa inserción no mercado laboral. Ademais, este programa provincial tamén inclúe formación ao profesorado para que adquira novos coñecementos que logo poderán aplicarse nas aulas da provincia de Pontevedra.

También te puede interesar