Cultura

O Museo Meirande solicita a súa inclusión na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos

A súa incorporación podería ser efectiva en outubro

A Concellería de Turismo de Redondela vén de solicitar a inclusión forman do Museo Meirande na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) á que, ata o de agora, non pertencía. Unha das primeiras decisións tomadas pola nova concelleira foi preparar a documentación e presentar a adhesión do museo redondelán, solicitude que será levada á reunión que esta asociación museística celebrará neste mes de setembro «polo que esperamos que o Meirande sexa membro de pleno dereito do REMA neste vindeiro mes de outubro», sinala María Castro.

Tal e como explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, a inclusión do Meirande na Rede de Espazos Museísticos Atlánticos «non só pon ao Meirande no mapa dos museos costeiros de Galicia, norte de Portugal e Asturias, senón que é un extraordinario elemento de dinamización do patrimonio ligado ao mar».

Cómpre salientar que os museos –31 nestes momentos– que pertencen a rede, acollen exposicións temporais dos fondos cedidos polos seus membros «o que nos brinda unha marabillosa oportunidade de dar a coñecer os fondos do Meirande noutros espazos e, ao mesmo tempo, acoller fondos procedentes de museos membros para a súa exposición de difusión».

Tanto a alcaldesa como a concelleira de Turismo, chaman a atención sobre a importancia de pertencer a unha rede na que, entre outros, atópanse o museo da Torre de Hércules, o Museo de Historia Natural do Ferrol, o Museo Marítimo de Asturias, a Casa da Navegación de Baiona ou Museo do Mar da Guarda.

O REMA foi posto en marcha polos GALP (Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro) Costa da Morte e Seo de Fisterra e Ría de Muros e Noia: Costa Sostible e ten como obxectivo poñer en valor todo o patrimonio –material e inmaterial– ligado ao mar. De feito, lembra a alcaldesa de Redondela, «o REMA é a primeira rede especializada de contidos relacionados coa cultura mariñeira» polo que cualificou de «imprescindible» a presenza de Redondela neste organismo dada a súa estreita vinculación co mar e a importancia que o Meirande ten como centro de interpretación dun espazo histórico como Rande e a enseada de San Simón.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.