RGPD - Cookies
Galicia

As oposicións ao Sergas, do 18 de setembro ao 24 de outubro, en Silleda

Hai 8.800 aspirantes para 1.300 prazas

As oposicións para o Servizo Galego de Saúde (Sergas) serán en Silleda do 18 de setembro e o 24 de outubro. Así o publica o Diario Oficial de Galicia (DOG).

8.800 aspirantes para 1.300 prazas

As probas corresponden á convocatoria de emprego público de 2019 e 2020 e para as mesmas están anotados 8.812 aspirantes que optan a 1.311 prazas. 3.780 opositores optan a prazas para persoal licenciado e 5.032 a aquelas de persoal técnico sanitario.

Persoal licenciado, médicos de área de urxencias

Das 1.311 vacantes, 996 corresponden a 42 categorías de persoal licenciado sanitario; delas 892 pertencen a 39 especialidades de médico de área; 89 a médico de urxencias; 10 para médicos do 061 e 5 de médico de admisión.

315 técnicos sanitarios

As outras 315 prazas son : 86 para persoal técnico sanitario de farmacia; 104 para laboratorio; 63 para imaxe de diagnóstico; 10 de hixiene bucodental; 41 en anatomía patolóxica e 11 de radioterapia.

También te puede interesar