Os galegos inmunizados xa somos 2.070.868, o que supón o 84,4% da poboación diana e o 76,7% da xeral, dacordo cos datos da Consellería de Sanidade.
En total, 2.245.053 recibiron polo menos unha dose da vacina contra a covid, o que representa un 91,5% da poboación diana e un 83,1% da xeral.
Por edades
Segundo os mesmos datos, 1.646.047 galegos de máis de 40 anos recibiron polo menos unha picada -preto do 96% do total- e no grupo de 30 a 39 anos, 256.656 persoas -o 79,4%-.
Polo que ten que ver cos mozos de 20 a 29 anos, 181.596 xa teñen posta, cando menos, a primeira vacina -o 78,7% do total-; e outros 160.754 de 10 a 19 anos.
Galicia recibiu vacinas suficientes do Goberno
Os datos da Consellería de Sanidade indican que o Goberno central enviou a Galicia preto de 4.200.000 doses das cales administráronse xa 4.124.258 o que representa o 98,4%.