Comarcas

A Xunta licita a reforma do Instituto Pino Manso, no Porriño, por 1,2 millóns

Educación realiza 65 obras nesta zona cunha inversión de 3,8 millóns

Instituto Pino Manso Porriño

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade visitou hoxe o instituto IES Pino Manso, no Porriño, onde a Xunta vén de licitar o proxecto de rehabilitación integral por máis de 1,2M€.

65 obras na zona por máis de 3,8 millóns

Durante a visita, Román Rodríguez lembrou que estanse acometendo 65 obras nesta zona, cun orzamento de máis de 3,8 millóns de euros, actuacións que inclúen a substitución de carpintería exterior dos colexio CEIP da Cruz-Budiño, no mesmo concello do Porriño.

Instituto de Salvaterra

Así mesmo, sinalou, culmínanse obras no instituto de Salvaterra de Miño, entre outras, por importe de máis de 1,5 millóns. “As actuacións previstas e as que estamos levando a cabo no resto de Galicia farán posible que os centros escolares se adapten ás novas necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas da vindeira década”, expresou Román Rodríguez.

Neste sentido, engadiu, se seguen as directrices do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para adaptar os centros ao contexto post-pandemia e que conta cun orzamento de 191 millóns de euros ata 2024.

También te puede interesar