Galicia Vigo al minuto

AER deixa o Goberno local e ábrese a posibilidade dunha moción de censura en Redondela

A alcaldesa, Digna Rivas, so conta con apoio de 7 dos 21 concelleiros da Corporación

AER deixa o Goberno local e ábrese a posibilidade dunha moción de censura en Redondela

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) deixou o Goberno municipal, do que formaba parte, xunto con PSOE, dende as Eleccións Municipais de 2019.

Os seus tres concelleiros, Roberto Villar (Medio Ambiente); Daniel Boullosa (Cultura e Turismo) e Manuel Vila (Participación Cidadá e Novas Tecnoloxías), presentaron a renuncia ás súas competencias, tal e como anunciaran hai un mes.

Policía Local e Limpeza de praias

A crise no Goberno de Redondela desatouse logo de “graves deficiencias” no funcionamento da Policía Local e a coalición PSOE-AER rachouse definitivamente cando a alcaldesa, Digna Rivas, retirolulle a Roberto Villar as súas competencias na limpeza de praias.

Villar defendía que as algas das praias tiñan que retirarse de xeito manual, mentras que Rivas entendeu que este sistema non garantía a limpeza dos areais e desataba as queixas dos veciños pola acumulación de algas.

Reemplazo da alcaldesa

Nesta situación, AER comunicou ao Partido Socialista que a súa continuidade no Goberno municipal pasaba pola substitución da alcaldesa por outro membro do seu grupo, o cal foi rexeitado polo PSOE.

Á vista deste feito, os concelleiros de AER anunciaron a finais de xullo a súa saída do goberno e, poucos días máis tarde, presentaron unha denuncia na Xunta para que se investigue a actuación da alcaldesa na praia de Cesantes.

A Agrupación de Electores de Redondela asegura que empregáronse para a súa limpeza “métodos agresivos” e non se tivo en conta que a praia é parte da Rede Natura 2000.

Un goberno cun menos dun tercio dos concelleiros da Corporación

A saída dos tres conceleliros de AER-que xunto cos dous do BNG- deron a Alcaldía a Digna Rivas, deixa o Goberno municipal de Redondela apoiado so polos 7 concelleiros -do PSOE-, dos 21 que forman a Corporación.

Ábrese agora a posibilidade dunha moción de censura, considerando que o Partido Popular, que ganara as Eleccións de 2019, conta con 9 representantes, e durante os dous mandatos anteriores gobernara xa en Redondela.

También te puede interesar