Comarcas

Comezan as obras da Praza de Ponteareas, en Redondela

As obras contan cun investimento de máis de 730.000€ e un prazo de execución de 10 meses

Comezan as obras da Praza de Ponteareas, en Redondela

O Concello de Redondela iniciou esta semana as obras de remodelación da Praza de Ponteareas, uns traballos que segundo a alcaldesa Digna Rivas e a concelleira de Urbanismo, María Castro, permitirán “a total transformación dunha das principais vías de entrada ao casco urbano”.

O asfalto, explica Castro, “deixará paso a un espazo pensado, fundamentalmente, para o desfrute da veciñanza e no que as e os peóns teñan prioridade sobre os vehículos”.

2,5 millóns e inversión

O proxecto global de futuro supón a transformación das principais vías de Redondela, e o importe total das obras ascende a máis de 2.5 millóns de euros, estas obras serán desenvolvidas en 8 fases. O proxecto foi redactado polo estudo Gándara y Pons quen, dende o principio foi quen de interpretar a idea do Goberno local “de converter o ámbito de actuación nun lugar, pensado para as persoas, e que integrase nel o conxunto o monumental Pazo de Vilavella nunha gran praza central”.

Dúas rutas xacobeas

Precisamente nese gran espazo de entrada no que únense as dúas Rutas Xacobeas que atravesan o municipio –o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa– e grazas á nova praza, “o propio Camiño quedará integrado como parte importante do patrimonio histórico e cultural de Redondela”.

A obra da primeira fase foi adxudicara á empresa Xestión Ambiental de Contratas, S. L. por importe de 736.182,65 euros, conta cun prazo de execución de 10 meses e está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirexional de España (POPE) 2010-2014 e Estratexia DUSI Redondela 2020.

Reforma integral e servizos de saneamento e abastecemento

Esta primeira fase implicará unha reforma integral que inclúe unha renovación dos servizos públicos de abastecemento, saneamento e recollida de pluviais e unha importante modificación da cota existente, amais da renovación da iluminación, novo mobiliario urbano e plantaranse un gran números de árbores.

A sinatura o pasado 24 de agosto de 2021 da ‘acta de replanteo’ marcou o inicio destas obras que son acollidas “con enorme ilusión” por parte do Goberno que preside Digna Rivas xa que, como subliña a alcaldesa “marcan o inicio da transformación de Redondela para converterse nun municipio de futuro e con futuro”.

A nova Praza de Ponteareas e o que significa para o desenvolvemento futuro de Redondela, será presentada á veciñanza nunha reunión informativa que terá lugar o vindeiro día 8 de setembro no Multiúsos da Xunqueira.

También te puede interesar