Comarcas

Redondela denuncia os actos vandálicos no monumento ás persoas fusiladas

Inaugurado o pasado 14 de abril foi obxecto de pintadas

O monumento que o Concello de Redondela erixiu en memoria das persoas asasinadas nos primeiros anos da Guerra Civil, foi obxecto nestes días de actos vandálicos que afectaron á escultura e ao panel explicativo.

“Estes feitos non son máis que o reflexo da intolerancia dunha minoría ás que lles molesta un sistema democrático que defende a liberdade, a tolerancia e a igualdade”, asegurou a alcaldesa.

Pese a actitude desta minoría, o Goberno local redondelán ratifícase na necesidade “de traballar no recoñecemento e reparación das vítimas do franquismo, propiciar actividades de concienciación e coñecemento do sucedido”.

O Concello redondelán actuará axiña para reparar o monumento “para que continúe a ser un faro de memoria”. Digna Rivas lembra que Redondela “asume como propios os valores da liberdade, igualdade e fraternidade que emanan da cultura republicana”.

También te puede interesar