Ciencia y Tecnología Cultura

Nigrán reducirá as súas emisións de CO2 un 40%

Supón 1,32 toneladas por habitante

Nigran CO2

O Concello de Nigrán aprobou en Pleno o plan de acción do ‘Pacto Europeo de Alcaldes polo Clima e a Enerxía’. O mesmo ten coma obxectivo acadar unha reducción das emisións de CO2 nun 40% de aquí a 2030. Esto suporá que o municipio deixe de lanzar 23.271 toneladas de CO2 á atmosfera.

1,32 toneladas menos de CO2 por habitante

“Reduciremos a emisión en 1,32 toneladas per cápita só a través de iniciativas de competencia municipal, como é o cambio a iluminación LED no alumeado público“, explicou o alcalde, Juan González.

Así, o Plan de Acción presentado polo goberno local sinala como liña maestra o troco a iluminación LED como a fórmula estrela para acadar ese aforro do 40% de emisións.

A través do troco que ven levando a cabo o Concello os derradeiros catro anos, o consumo pasou de 4,8 millóns de Kw/hora/ano a 3,6 millóns, aforrando 61.839 €. Outro dos obxectivos de cara a 2030 é queo 27% da enerxía empregada polo Concello proveña de fontes renovables.

8.000 concellos e 57 países

O Pacto foi lanzado en Europa no ano 2008 e reúne xa a case 8.000 autoridades locais pertencentes a 57 países de todo o mundo. Ademais, coa adhesión ao Pacto, o Concello de Nigrán contribuiría á consecución da Axenda 2030, un chamamento universal desenvolvido polas Nacións Unidas.

También te puede interesar