Ciencia y Tecnología Cultura

Nigrán reducirá as súas emisións de CO2 un 40%

Supón 1,32 toneladas por habitante

Nigran CO2

O Concello de Nigrán aprobou en Pleno o plan de acción do ‘Pacto Europeo de Alcaldes polo Clima e a Enerxía’. O mesmo ten coma obxectivo acadar unha reducción das emisións de CO2 nun 40% de aquí a 2030. Esto suporá que o municipio deixe de lanzar 23.271 toneladas de CO2 á atmosfera.

1,32 toneladas menos de CO2 por habitante

«Reduciremos a emisión en 1,32 toneladas per cápita só a través de iniciativas de competencia municipal, como é o cambio a iluminación LED no alumeado público«, explicou o alcalde, Juan González.

Así, o Plan de Acción presentado polo goberno local sinala como liña maestra o troco a iluminación LED como a fórmula estrela para acadar ese aforro do 40% de emisións.

A través do troco que ven levando a cabo o Concello os derradeiros catro anos, o consumo pasou de 4,8 millóns de Kw/hora/ano a 3,6 millóns, aforrando 61.839 €. Outro dos obxectivos de cara a 2030 é queo 27% da enerxía empregada polo Concello proveña de fontes renovables.

8.000 concellos e 57 países

O Pacto foi lanzado en Europa no ano 2008 e reúne xa a case 8.000 autoridades locais pertencentes a 57 países de todo o mundo. Ademais, coa adhesión ao Pacto, o Concello de Nigrán contribuiría á consecución da Axenda 2030, un chamamento universal desenvolvido polas Nacións Unidas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.