Destacados Vigo al minuto

A CIG alerta de que o ERTE de Barreras é o camiño para liquidar o estaleiro

Lamenta a ausencia da Xunta e a inacción cómplice do Goberno español

A CIG alerta de que o ERTE de Barreras é o camiño para liquidar o estaleiro

A CIG vén de denunciar a «actitude inmobilista» que a dirección de Barreras, «coa complicidade dalgún outro sindicato», está a manter durante toda a negociación do ERTE. Unha «dirección enrocada que pretende impoñer pola forza unhas condicións inaceptábeis» nun expediente de regulación temporal que «quere ser a antesala da liquidación do estaleiro».

Dende a central sindical subliñan que aempresa rexeita de maneira sistemática todas as propostas que desde a CIG se trasladaron para reducir ao mínimo o alcance do ERTE. «Pero o que é máis grave, está dicindo ‘non’ cando se lle reclaman garantías reais de continuidade da actividade e do emprego».

Non hai interese en garantir a continuidade do estaleiro

O secretario da CIG de Vigo, Alberte Gonçalves, critica que a dirección do estaleiro sexa incapaz a estas alturas de garantir o retorno do Evrima. «Para nós demostra de maneira rotunda que non hai ningún interese real por viabilizar a continuidade do propio estaleiro«.Por iso, avanza que «se o que se pretende, como parece, é un ERTE para cargar nos traballadores e traballadoras os custos da nefasta xestión da dirección designada por Ritz Carlton, que non conten coa CIG. Moi ao contrario, terán a nosa oposición frontal e firme».

«Ausencia total da Xunta»

Ante esta incerteza, a CIG segue a denunciar a ausencia total dunha Xunta de Galicia «que non está nin se lle espera», e a inacción cómplice do Goberno español.

«Uns e outros teiman en ollar para outro lado mentres está en risco un estaleiro imprescindíbel como Barreras e, polo tanto, o propio futuro do sector naval de Vigo. A que agardan para despregar unha intervención pública directa que evite o desastre? Que máis ten que pasar para que actúen?», urxe Gonçalves.

A CIG seguirá defendendo con firmeza a continuidade da actividade neste estaleiro. «Non podemos permitir a caída de Barreras porque suporía un golpe letal e definitivo a un sector industrial estratéxico para a comarca de Vigo e para o conxunto do país, como a construción naval», conclúe.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.