Destacados Vigo al minuto

Marea de Vigo esixe a Xunta e Concello que resolvan o futuro da Escola Infantil Santa Marta

Advirte de que Vigo pode ser a primeira cidade do Estado que destrúe prazas de ensino público de 0 a 3 anos

Marea de Vigo esixe a Xunta e Concello que resolvan o futuro da Escola Infantil Santa Marta

Oriana Méndez, concelleira de Marea de Vigo, emprazou á Xunta a que «resolva rapidamente o relativo as súas competencias en Educación, e ao Concello a que axilice a nova localización da escola infantil Santa Marta».

Méndez apunta a que o venres irá ao Pleno a aprobación definitiva da modificacion puntual do PXOM para a reordenación do ámbito do Barrio do Cura «sen ter resolta a ubicación da escola infantil de Santa Marta, previsiblemente proxectada no Instituto Municipal de Educacion».

Á vista desta situación, insta ao Concello a «aclarar de xeito inmediato o futuro da escola e á Xunta a que responda ao proxecto enviado polo Concello».

A construción da escola é obrigatorio

Segundo o convenio urbanístico, é obrigatorio a construción dunha nova escola no ámbito do barrio, «de feito non facelo sería un delito». O problema agora, sinala a concelleira de Marea de Vigo, «tal e como auguramos no pasado mes de febreiro, é o tempo entre a demolición da actual escola e o funcionamento da nova, a situación do persoal e as alternativas para os pais e nais» .

Ao seu entender, «era fácil ter unha previsión sobre como e cando ian empezar as obras, sobre e como e cando se produciría o traslado á nova escola infantil».

Oriana Méndez advirte de que, de non mudar a situación actual, «ao final si que imos ser a primeira cidade do Estado que pecha e destrúe prazas de ensino público de 0 a 3 anos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.