O presidente da Xunta amosouse hoxe partidario de pedir PCR ou certificados de vacinación aos clientes de bares e cafeterías de concellos con alta incidencia de COVID.
Feijóo anunciouno hoxe en Ourense ao tempo que recoñeceu que hai unha «eclosión» de novos contaxios en persoas«de 15 a 30 anos».
A culpa é do Goberno central
O titular do Goberno galego culpou da situación ao Goberno central por non facilitar vacinas para as persoas desta marxe de idade. Iso sí, non comentou a incidencia que podería ter a participación en festas ou botellóns.
«Que nestes momentos en España non teñamos vacinas para menores de 25 anos, é impropio dun país da Unión Europea», sinalou. Ademáis, ao seu xuízo, o anuncio de que España acadaría o 18 de agosto a ‘inmunidade de rabaño» é «inadecuado e frívolo».
A Xunta tomará decisións
O presidente adiantou que Sanidade tomará decisións considerando a situación epidemiolóxica. Isto parece adiantar o que podería suceder hoxe na reunión do Comité Clínico e subliñou que se aumentará o nivel de alerta aos concellos que están en «situación de alta intensidade contaxiosa».
Hai que lembrar que o vicepresidente Rueda fixo declaracións na mesma dirección indicando que tamén se estudarían restricións no que se refire ás reunións, públicas e privadas.
Sí deixou craro o presidente que en Galicia non hai risco dun «colapso hospitalario», ainda que sí hai un incremento no número de ingresos e de pacientes nas UCIs, «que nos preocupa».