RGPD - Cookies
Comarcas

Demandan á Xunta que se restableza o autobús entre Redondela e a praia de Cesantes

A alcaldesa asegura que non funciona por discrepancias coa empresa de transporte

Demandan á Xunta que se restableza o autobús entre Redondela e a praia de Cesantes

O Concello de Redondela vén de esixir á Xunta de Galicia unha «solución urxente» á paralización do servizo de transporte de viaxeiros entre o casco urbano de Redondela e a praia de Cesantes. A alcaldesa asegura que non está operativo «por desacordos entre a Xunta e a empresa de transporte».

Digna Rivas apunta que «non e de recibo» que en plena época estival esta liña estea suspendida cando «cunha mínima previsión, terían que estar previstas e resoltas antes da chegada do verán».

Cómpre salientar que, pola súa proximidade, a praia de Cesantes é unha das máis utilizadas pola veciñanza do casco urbano e parroquias próximas. Isto supón que a suspensión do servizo de transporte, «é un grave problema para centos de veciños e veciñas».

También te puede interesar