Destacados Vigo al minuto

A ampliación de San Paio de Navia empezará despois do verán

A Xunta solicita, de novo, ao Concello a aprobación do proxecto

A ampliación de San Paio de Navia empezará despois do verán

A Xunta planifica iniciar a urbanización da ampliación de San Paio de Navia despois do verán. Así o avanzou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Ángeles Vázquez, acompañada pola delegada de Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, solicitou de novo ao Concello a necesaria aprobación do proxecto.

O Concello ten os proxectos dende maio

Vázquez reuniuse coas cooperativas e empresas promotoras de
vivenda e lembrou que desde comezos de maio o Concello xa dispón da documentación completa correspondente ás tres fases nas que se divide a urbanización.

A aprobación dos proxectos de urbanización facultará ao Instituto Galego da Vivenda e Solo a levar a cabo a expropiación dos terreos que non se puideron adquirir mediante compravenda ou permuta.

Unha vez aprobados inicialmente, o Concello terá que someter os proxectos das tres fases a exposición pública durante o prazo dun mes, solicitando simultaneamente os informes sectoriais que correspondan. Unha vez recibidos estes informes, a Administración local disporá dun máximo de tres meses para proceder á aprobación definitiva dos mesmos.

“A Xunta leva moitos meses de traballo de planificación e de traballo administrativo, acorde cos tempos e fases que marca a lei, pero toca actuar”, remarcou a conselleira. Nese senso, engadiu que “setembro ten que ser un mes crucial para converter en algo práctico todo aquelo que é teoría”.

Adxudicación do chan por medio de concurso público

A reunión celebrada na Delegación Territorial da Xunta serviu para explicar ás cooperativas e promotores a situación da ampliación de San Paio de Navia. Así mesmo, concretáronse as condicións que van a rexer na adxudicación do solo a través dun concurso público de venda.

Ángeles Vázquez sinalou que as ofertas terán que acadar unha puntuación mínima no relativo á proposta arquitectónica, co fin de coidar a calidade de deseño e de espazos do edificios, así como os exteriores das parcelas.

Tamén se apostará polo uso de materiais e sistemas que eviten o deterioro prematuro, aproveitamento da luz natural e, sobre todo, edificios cun marco carácter enerxético e sostible.

O primeiro concurso de venda, a finais de ano

A conselleira vanzou que a previsión é que no último trimestre deste ano se publique o primeiro concurso de venda de solo: o do polígono 1, o ámbito que acollerá o maior número de vivendas. Neste espazo, aínda que hai preto de 27.000 m 2 que xa están reservados para compensar as permutas realizadas polos propietarios. Aquí ofertaranse máis de 85.000 m 2 distribuídos en 116 parcelas. En total, nesta primeira fase está programada aconstrución de 733 vivendas.

Unha superficie de 265.000 m2

A ampliación do solo residencial en Navia permitirá, en conxunto, a
construción dunhas 1.600 novas vivendas protexidas en Vigo. Isto suporá un investimento de 250 millóns de euros por parte de promotores públicos e privados sobre unha superficie de 265.000 m2. A mesma, ademais de inmobles, acollerá zonas verdes, superficies de uso terciario, máis de 1.000 prazas de aparcamento e un carril bici de 2 quilómetros.

También te puede interesar