Destacados Vigo al minuto

O BNG reclama a RENFE manter o tren directo entre Ponferrada e Vigo

Suprime o enlace con saída ás 6.15h e con chegada a Guixar ás 11.27 h.

Tren directo entre Ponferrada e Vigo

O BNG denuncia un “novo recorte dos servizos ferroviarios” tras coñecer a decisión do Goberno de suprimir o tren directo entre Ponferrada e Vigo.

Renfe suprime o tren directo entre Ponferrada e Vigo con saída ás 6.15h e con chegada a Guixar ás 11.27 h. Con esta medida, os veciños do sur de Lugo, Ourense e Pontevedra perden unha das súas principais conexións ferroviarias.

Dúas horas máis de viaxe a Vigo

“Esta liña ferroviaria conecta non só Vigo con Ourense e Ponferrada, senón que da servizo a veciñanza de vilas como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Monforte, Ribadavia, Salvaterra, O Porriño e Redondela que veranse privados dun servizo básico como é o transporte ferroviario” denuncia Rego.

Coa supresión da conexión as persoas que viaxen a Vigo desde Ponferrada ou Valdeorras tardarán dúas horas máis. “De 4h e 30 minutos, a viaxe pasará a 6 horas e 30 minutos por ter que facer un transbordo en Ourense”.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala que o Goberno está a “desmantelando os servizos ferroviarios de Galicia“. Ademáis, engade, ten unha folla de ruta calculada para seguir pechando estacións e suprimir liñas”.

Esta estratexia, sinala Rego, é parte dunha “visión centralista que prima as conexións con Madrid e deixa esmorecer os servizos ferroviarios do interior de Galicia”.

También te puede interesar