RGPD - Cookies
Galicia

Máis da cuarta parte da poboación galega está en risco de pobreza

Son 693.000 galegos, 37.800 máis que o ano anterior

risco de Pobreza

Máis da cuarta parte da poboación galega está en risco de pobreza. Segundo a Enquisa de Condicións de Vida, publicada este xoves polo Instituto Naciona de Estatística (INE), ata o ano pasado había 693.900 galegos nesta situación-o 25,7%-, 37.800 máis que en 2019.

Esta porcentaxe é a maís alta en cinco anos e empeora en dous puntos. Ademáis, tamén aumenta o número de persoas con ‘carencia material severa’, ata o 5,2%, ainda que baixa do 11,9 ao 8,5% a porcentaxe de galegos que viven en ‘fogares con baixa intensidade de emprego’.

11.500 euros, a renda media en Galicia

Segundo o mesmo estudo, a renda media, por persona, en Galicia era o ano pasado de 11.469€, máis de 200 euros por riba dos 11.218 que había en 2019.

Pode que iso explique que  o 37,4% das familias non pode irse de vacacións nin unha semana ao ano; o 28,1% delas non ten capacidade para afrontar gastos imprevistos e que o 6,6% da poboación ten moita dificultade para chegar a fin de mes.

También te puede interesar