Ciencia y Tecnología Galicia

Sanidade habilita o teléfono 900 400 116 para pedir o certificado de vacinación

Tamén pode solicitarse por E-Saúde, nas aplicacións Sergas Móbil e Passcovid e nas farmacias

La Fiscalía pide 20 años de cárcel para un vigués que abusó de una menor

A Consellería de Sanidade, vén de habilitar unha nova modalidade para obter o certificado de vacinación Covid-19, a través do número de teléfono 900 400 116. 

Deste xeito, as persoas que así o desexen poderán solicitar o seu documento oficial de vacinación por medio dunha chamada telefónica. Logo recibirán unha mensaxe SMS cunha ligazón na que estará dispoñible o seu certificado para descargar. 

Ademáis de E-Saude e nas farmacias

Esta nova opción engádese ás xa existentes até o de agora: a través do portal E-Saúde do Servizo Galego de Saúde (SERGAS); por medio das aplicacións Sergas Móbil e Passcovid, ou ben, solicitando a súa impresión nas farmacias galegas. 

Na actualidade, un total de 383.282 persoas xa contan co certificado galego de vacinación. Así mesmo, e no que atinxe aos diferentes certificados europeos vencellados á covid, 426.984 persoas descargaron o certificado de vacinación comunitario –dos que 249.942 se expediron pola vía dixital-; 4.998 persoas solicitaron o certificado de recuperación, mentres que 2.325, descargaron o certificado de probas europeo.

Máis de 4.000 persoas solicitan a súa vacinación por medio da autocita

En canto ao sistema de autocitación posto en marcha pola Xunta- para os estudantes e maiores de 50 anos que aínda non recibiran ningunha das doses da vacina- nestes intres, un total de 4.326 persoas xa concertaron a súa cita por este medio.

Nomeadamente, estas solicitudes foron rexistradas por 1.198 estudantes internacionais, e 3.128 persoas maiores de 50 anos.

También te puede interesar