Galicia Sucesos

Un morto e 80 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

65 persoas tiveron que ser trasladadas a hospitais

Un morto e 80 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O persoal do 061 asistiu durante a fin de semana 80 persoas debido a 59 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 9 de xullo, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 11 de xullo.

Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 72 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados foron 72. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 6 accidentes; as de soporte vital en 64 sinistros e os equipos de Atención Primaria en dous.

En 65 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios; en 14 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar