Cultura Vigo al minuto

Os vigueses poden solicitar directamente no Concello as becas de libros e comedor

O prazo remata este mércores, día 7 e poderán pedirse directamente e sen cita previa

Os vigueses poden solicitar directamente no Concello as becas de libros e comedor

Os vigueses poden solicitar directamente no Concello as becas de libros e comedor. O prazo para pedilas remata este mércores, dia 7 de xullo e, para facilitar o trámite, será posible facelo sen cita previa.

Para iso haberá unha ‘xanela’ específica no edificio municipal porque, subliñou hoxe o alcalde, “nin un so neno quedará sen beca”.

O alcalde anuncia que pódense solicitar directamente no Concello as becas de libros e comedor

Máis de 3.000 solicitudes

Ata hoxe o Concello recibiu máis de 3.000 solicitudes e, apuntou Abel Caballero, “non hai límite orzamentario”. Este ano están reservados 1.280.000€ para becas de libros e comedor, 75.000 máis que en 2020. Ademais, lembrou o alcalde, á convocatoria hai que sumar o convenio con FOANPAS de 791.000€.

Caballero anunciou que o presuposto para becas de libros e material escolar sube un 35% e as contías pasan de 85 a 100€.

You may also like