Galicia Vigo al minuto

Os Bombeiros de Vigo sen garantías de operatividade este verán

Este sábado só había un efectivo para incorporarse á garda das 10 da noite

Bombeiros de Vigo

Os Bombeiros de Vigo non teñen garantías de operatividade este verán. O Bloque Nacionalista Galego denuncia que este sábado só había un efectivo para incorporarse á garda das 10 da noite. O BNG critican a inacción do Goberno local e instano a rectificar e “deixar de xogar coa seguridade das viguesas e vigueses”.

Xabier P. Igrexas, concelleiro do Bloque de Vigo, expresou hoxe a súa “profunda preocupación” pola falla de garantías de operatividade no servizo de bombeiros. O edil fíxose eco da denuncia sindical de que este sábado a falla de persoal volveu comprometer a capacidade de actuación. “Diante desta situación o único que decidiu a área de Seguridade, que dirixe Elena Espinosa, foi tentar forzar a continuidade doutros dous bombeiros que xa viñan de facer gardas de 24h” reprochou.

Demandan explicacións a Elena Espinosa

Desde o BNG demandarán explicacións á concellaría de Seguridade e instan a rectificar e adoptar medidas para asegurar a plena operatividade do servizo de bombeiros durante o verán. “Teñen que deixar de xogar coa seguridade das viguesas e vigueses”, enfatiza Igrexas.

También te puede interesar