RGPD - Cookies
Cultura Vigo al día

Esgotadas as prazas para as rutas da Deputación polos ‘Bosques Terapéuticos’

O 19 de xullo, abrirase o prazo para as 13 rutas programadas para agosto

Bosques terapéuticos

Os baños de bosque polos espazos naturais da provincia seguen a manter o seu tirón como opción de ocio e turismo para este verán. Deste xeito, a Deputación xa ten esgotadas as 210 prazas ofertadas para as catorce rutas polos Bosques Terapéuticos programadas para xullo.

Dende o venres, día 2

Os itinerarios de xullo comezarán o venres 2 pola Ruta da Pedra e da Auga (en Meis), pola que tamén haberá un percorrido o día 17. Amais, celebraranse dúas rutas dos baños de bosque polos Salóns do Lérez (os días 3 e 30); polo Espazo natural Arco da Vella (10 e 16); por Cabo Udra (11 e 23); polo Sendeiro azul do río Verdugo (9 e 24); unha polo Parque Monte Aloia (día 4); polo Bosque da Picaraña (18); a Senda do Almofrei (25) e pola Fraga de Catasós (día 31).

Cada unha das rutas dos parques terá un tema central deseñado especificamente para estas rutas, segundo as características e valores de cada espazo, . Isto fomentará que as persoas poidan participar, se o desexan, nas distintas rutas, sen que se repitan os contidos.

Segunda edición

Esta é a segunda edición deste programa da Deputación, que a través dos “baños de bosque” une medio ambiente, exercicio, saúde e cultura cunha actividade integral e participativa.

Prazo para as rutas de agosto

O día 19 de xullo, abrirase o prazo para as 13 rutas dos ‘bosques terapéuticos’ programadas para agosto, que ofrecerán 195 prazas (quince en cada un dos itinerarios).

Haberá dúas rutas polos Salóns do Lérez (días 1 e 28); polo espazo natural Arco da Vella (7 e 22); polo Espazo Natural Cabo Udra (8 e 27); Senda de Almofrei (20 e 29); polo Parque Natural Monte Aloia (6 de agosto); a Ruta da Pedra e da Auga (13); polo Bosque da Picaraña (14); Sendeiro Azul do Río Verdugo (15) e pola Fraga de Catasós (día 21).

As persoas interesadas poderán anotarse a través da páxina web (www.depo.gal).

También te puede interesar