Galicia Vigo al minuto

O Concello de Redondela propón un ‘paseo nocturno’ polo río Maceiras

A actividade, dinamizada por Faia Educación Medio Ambiental,

Paseo nocturno Río Maceiras

A concellería de Medio Ambiente ofrece un paseo para observar , sentir e palpar a fauna e flora fluvial en horas nocturnas.

Para iso propón que collas unha lanterna e participes o venres, día 2 de xullo, nunha experiencia coa natureza: descubre os ruídos , sons e reflexos que fai o río Maceiras despois da posta de sol.

A actividade, dinamizada por Faia Educación Medio Ambiental, permitirá coñecer a biodiversidade deste río.

Trátase dunha actividade de balde con prazas limitadas e é preciso inscrición previa. Podes obter información en [email protected] tamén chamando ao teléfono: 986 40 17 13.

También te puede interesar